Barreiro: “O PSOE quere cargarse o Senado pola porta de atrás”

Os catro senadores populares por Lugo, compareceron hoxe ante a prensa para anunciar as iniciativas que o PP levará ao Senado para pedir ao goberno de Pedro Sánchez que manteña os compromisos coa provincia que tiña o anterior goberno de Mariano Rajoy.

Asemade, avanzaron as principais mocións que presentará o seu grupo ao pleno do Senado que terá lugar dende mañá e no que debaterán, entre outras cousas, a “falta de respecto de Pedro Sánchez ante a estructura constitucional” e defenderán o “equilibrio entre as dúas cámaras, Congreso e Senado”, que segundo o vicevoceiro no Senado, José Manuel Barreiro, “o PSOE quere cargarse pola porta de atrás para modificar a Lei de Estabilidade Presupostaria”.

O vicevoceiro no Senado anunciou que o PP presentará no Pleno da Cámara Alta unha batería de iniciativas, a través da que lle pedirán ao Goberno de Sánchez que manteña e cumpra todos os compromisos relativos á provincia, e que deixara encamiñados e consignados nos Orzamentos con partidas concretas o Executivo de Mariano Rajoy.

Deste xeito, segundo explicou o popular, o primeiro que demandarán é a chegada da Alta Velocidade a Lugo, a través da conexión de Monforte de Lemos; unha actuación apuntou Barreiro, “irrenunciable para a nosa provincia, tal e como recentemente ratificaron en Lugo o ex ministro de Fomento e o propio presidente da Xunta de Galicia”.

Asemade, nesta batería de iniciativas tamén esixirán ao Partido Socialista o mantemento de todas e cada unha das actuacións programadas para as Autovías que vertebrarán a provincia co resto da Comunidade. Referiuse o vicevoceiro do Senado ás que comunicarán Lugo con Santiago (A-74), Lugo con Ourense (A-56) e a da Mariña (A-74).

No que refire ás actuacións previstas para Lugo cidade Barreiro informou de que empregarán a maioría que teñen no Senado para solicitar ao actual ministro de Interior que explique que previsións ten para a execución da nova comisaría de Policía, no barrio da Residencia.

No Pleno desta semana, os populares tamén presentarán outras que respostan máis ao interese xeral do país. A este respecto, explicou que defenderán o equilibrio entre as dúas Cámaras -Congreso e Senado-, logo da emenda que o PSOE presentou á Lei de Violencia de Xénero co obxectivo de modificar a Lei de Estabilidade Presupostaria, destacando que “moito nos tememos que o que están facendo é cargarse o Senado pola porta de atrás porque non teñen a maioría absoluta”. Trátase esta dunha intención que dá resposta, segundo afirmou Barreiro, á petición do Grupo de Podemos para que o actual presidente do Goberno fose apoiado na investidura. “Imos a ser belixerantes co Estado e o equilibrio constitucional”, remarcou.

Por outra banda, solicitarán a reprobación da actual ministra Dolores Delgado, logo de observarse feitos suficientes para elo na súa defensa do papel da Xustiza. Asemade, tamén pedirán que o Executivo lles garanta aos pais o dereito de que poidan escoller o tipo de Educación que consideren para os seus fillos, e non aconteza como noutras Comunidades como a valenciana, “na que se cargaron a ensinanza concertada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com