O goberno local podería ter renunciado a pedir á subvención da Xunta para mellorar a sinalización turística

O goberno local podería ter renunciado a solicitar as subvencións outorgadas pola Xunta para mellorar a sinalización turística dos concellos. Así o denunciaba o edil do Partido Popular, Angel Trabada, quen dicía non comprender porque este ano non se solicitou cando si  se fixo o ano pasado obtendo, da administración autonómica, unha subvención de 50.000€ para renovar a sinalización turística de Lugo.

Para o popular estamos ante un novo “desprezo” do goberno socialista aos turistas que chegan á cidade, unha materia na que a cidade mellorou nos últimos anos grazas ao “esforzo da iniciativa privada”. Ademais, Ángel Trabada critica o que cualificou como “un desprezo” dos socialistas de Lugo á Xunta de Galicia, unha administración á que tantas veces criticaron por, segundo eles, non cumprir con Lugo pero que “á hora da verdade” demóstrase que son os propios socialistas os que “nin solicitan” as axudas para logo “enganar” aos cidadáns dicindo que o goberno autonómico se esquece de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com