O Concello pon solución ás inundacións da avenida da Coruña

A piques de entrar na estación de chuvias, o Concello de Lugo decidiu poñerlle solución ás inundacións que, nos últimos tempos, viñan sendo habituais na avenida da Coruña., á altura da gasolineira. O Concello investiu, a través do Plan de Barrios, 45.100 euros para uns traballos, que foron moi demandados pola veciñanza; e que consistiron na disposición dun aliviadoiro, que parte do pozo de rexistro existente á altura do número 306, e conecta, mediante un pozo intermedio, co pozo de cabeceira da rúa do Cedro, na beirarrúa dos pares.

Deste xeito, cando o caudal que circule pola rede sexa moi elevado, parte deste desviarase á rúa do Cedro, evitando o asolagamento. Así mesmo, habilitouse un novo pozo de rexistro, ubicado na calzada, intermedio entre o do 306 e o da gasoliñeira, coa finalidade de ofrecer un aliviadoiro, pois conecta co pozo de cabeceira da rúa do Cedro, nos lados impares. Así, cando o caudal que circule pola rede sexa moi elevado, parte del desviarase á rede do Cedro, evitando tamén asolagamento. Nos pasos de cebra da gasoliñeira, colocáronse reixas para captar as augas superficiais e conectalas coa rede de saneamento.

Tamén, neste caso á altura dos números 322 e 326, colocouse un novo pozo de rexistro para captar as augas da reixa e dos sumidoiros, pois nesta zona é onde máis auga se acumula. A actuación, que estará rematada esta mesma semana, complétase coa colocación de reixas á altura do número 326 e co acondicionamento de sumidoiros, que se conectan con algunhas baixantes dos edificios aos pozos de rexistro, para limitar o caudal que circula pola superficie.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com