Rescatan a un sexaxenario que caeu nunha zona rochosa en Viveiro

Un home duns sesenta anos foi rescatado nesta madrugada despois de caer nunha zona rochosa de difícil acceso en Viveiro.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a caída produciuse pouco despois das dúas da madrugada no lugar de Celeiro, concretamente, no espigón da lonxa nova. Alí acudiron os servizos sanitarios de urxencia, pero as dificultades para poder acceder ao ferido obrigaron a intervir aos Bombeiros de Viveiro e aos membros do servizo local de emerxencias da localidade luguesa.

Ademais, os equipos de rescate contaron coa colaboración dos axentes da Policía Nacional, alertados tamén desde o 112 Galicia.

Unha vez fóra da zona rochosa, o home puido ser atendido e evacuado por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com