Lugo celebrou onte unha nova edición, a novena, da IX Noite Aberta, organizada pola Asociación de Autónomas dacidade. O Concello de Lugo colabora un ano máis con esta iniciativa dentro do seu impulso polo comercio de proximidade. No acto tamén estivo presente a artista Lucía Pérez, a presidenta do colectivo e a presidenta de honra da asociación organizadora, Marta López e Nora Real, respectivamente; e o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, outras autoridades.
Na IX Noite Aberta participaron ao redor dun cententar de tendas. Este ano, os Xardíns da Deputación acollen a fin de festa, con diversas actuacións musicais. Como xa é habitual, os distintos locais comerciais fixeron a súa propia festa con promocións e música. Ademais, instalouse unha carpa na Praza Maior onde todas e todos os clientes das tendas asociadas a esta iniciativa, con só presentar o ticket -de compras superiores a 20 euros-, obtiveron distintos agasallos.