A Deputación amaña accesos e mellora centros socias

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, supervisou as obras realizadas polo Executivo Provincial, cun investimento de 150.000 euros, para mellorar os servizos e a calidade de vida dos veciños e veciñas de Chantada. O titular provincial estivo acompañado polo Alcalde de Chantada, Manuel Varela.

Campos Conde coñeceu de primeira man os traballos de reforma na Casa Escola de Mundín, unha antiga escola utilizada polos veciños como lugar de xuntanza e reunión. O investimento da Deputación permitiu renovar o tellado e solucionar os problemas de humidade. Ademais da de Mundín, tamén se acondicionou a Casa Escola de Vilauxe.

O Presidente sinalou que “se investiron nas dúas obras un total de 30.000 euros para o acondicionamento dos locais. Son actuacións que responden ás demandas da propia veciñanza e que inciden directamente na súa calidade de vida”.

Na súa visita a Chantada, Campos Conde tamén supervisou os arranxos realizados polo Executivo Provincial nas estradas de Casteda, na parroquia de Arcos, onde viven uns 50 veciños e que conta con explotacións gandeiras, que se verán directamente beneficiados por estas melloras.

Esta non é a única obra que o Goberno Provincial desenvolveu nos camiños dos núcleos rurais chantadinos, xa que tamén se renovou o firme e se acondicionaron os accesos de Mundín, Uriz, Villardamos, o barrio da Ponte e o acceso a San Esteban. En total, investíronse 75.000 euros en mellorar as vías de Chantada.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com