Remata a pretempada e os amigables e o Emevé continúa a sumar éxitos. Así, esta fin de semana, os mozos de Superliga, gañaron o Trofeo de Voleibol San Sadurniño, Memorial Óscar Prieto, no que venceron na primeira Semifinal 3-0 a Voleibol Dumbría. Na gran final enfrontáronse ao conxunto local que milita este ano na Superliga 1, o Intasa San Sadurniño ao que tamén venceron 3-1. Un partido digno de ver, no que os poucos erros non forzados e os acertos no bloque de recepción-ataque levaron ao equipo para gañar. Un último partido de pretempada para comezar a liga da mellor forma posible.
O domingo continuou, en parte, a racha do club. Xogáronse partidos amigables dos equipos cadetes e infantil feminino e masculino. As mozas cadetes gañaron os seus respectivos encontros contra CV Zalaeta e Club Voleibol Korbis por 2 sets a 1, mentres que as infantís perderon os dous encontros 1-2.
Os mozos, tanto cadetes como infantís perderon 3-1 contra Club Voleibol Korbis. O fin de semana que vén 6-7 outubro, comezan as ligas Galegas (Infantil, Cadete e Xuvenil) e tamén a Superliga 2. Xogando todos en casa a primeira xornada.