A Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, foi hoxe a encargada de abrir Exprimiendo la red: reflexiones sobre la alfabetización digital, a xornada coa que o organismo provincial vén de pechar o proxecto InnovaTE2: Deputación Dixital, e que estivo a cargo do prestixioso profesor e blogueiro Enrique Dans.
O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu, por primeira vez na provincia a este recoñecido experto que analizou polo miúdo o presente e o futuro de Internet e as redes sociais.
Dans, profesor na IE Bussines School e un dos blogueiros en lingua hispana máis destacados –conta con máis de 230.000 seguidores habituais- compartiu cos presentes os seus amplos coñecementos acerca da utilidade da rede; os novos xeitos de interactuar socialmente que esta ten introducido na sociedade ou que se pode agardar de Internet e as redes sociais nun futuro próximo.
Xunto co público que acudiu ao Salón de Actos tamén foron moitos os que puideron seguir a intervención de Dans pola rede en streaming a través de www.deputacionlugo.gal, grazas ao traballo da Fundación TIC.
Lara Méndez: