A “lamentable” imaxe do polígono das Gándaras chama a atención do BNG

O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, lamentou a falta de coidado e limpeza no parque empresarial das Gándaras, concretamente no entorno da plantación de árbores do proxecto Lugo+Biodinámico. Á falta de atención ao mobiliario urbano da zona, súmase agora a acumulación de plásticos na zona “a imaxe é bastante lamentable cando se está lexislando para reducir a cantidade de plásticos que se reparten nos establecementos”.

Arroxo sinalou os plásticos acumulados no entorno do espazo do proxecto Lugo+Biodinámico e dixo que “cando se fai a roza nos terreos debería facerse unha recollida de plásticos e lixo que quedaron esparcidos nas inmediacións da plantación de árbores frondosas do proxecto Lugo+Biodinámico”. “O Goberno debería poñer máis atención no coidado destes proxectos que caracter medioambiental que pretenden ser referentes“ afirmou Arroxo.

A acumulación de plásticos dase no entorno das plantacións das dúas parcelas de 5 hectáreas de superficie no entorno dos polígono das Gándaras. Estas plantacións, con máis de 13.000 exemplares de frondosas, foi financiado con fondos europeos Life. O Concello de Lugo participa na execución deste programa, no que participan como socios a Deputación, a USC e a Universidade Politécnica de Madrid.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com