Carballo involucra ás Novas Xeracións na confección do programa electoral

O candidato á alcaldía do PP de Lugo mantivo esta tarde un encontro cun grupo de rapaces de Novas Xeracións para recoller as súas inquedanzas e propostas de cara a elaborar o programa electoral das vindeiras eleccións municipais. Unha das prioridades que lle plantexaron foi a de apoiar aos mozos emprendedores e a buscar fórmulas, impulsadas pola administración local, para ofrecer emprego de calidade.

Os rapaces tamén se queixaron da frecuencia das liñas “que non se adaptan aos horarios lectivos das diferentes facultades”. Ramón Carballo coincidiu con eles “na necesidade de reorganizar as liñas e incrementar as frecuencias” e explicou que “hai cuestións irrenunciables para esta franxa de idade como é que os preto de 17.000 menores de 18 anos poidan utilizar de balde os autobuses urbanos”.

Os representantes das novas xeracións do Partido Popular tamén lle pediron ao candidato unha intervención ambiciosa no entorno do Miño “queremos disfrutar desta gran zona de ocio” recalcando que “é decepcionante que non se complete o cinto verde e que non teñamos unha praia fluvial cando noutros municipios máis pequenos teñen, dende hai anos, esta dotación”.

Outra das propostas do alcaldable do Partido Popular tamén relacionada co ocio e o impulso do deporte é a da creación dun novo pavillón deportivo multidisciplinar “somos conscientes de que a actual oferta das instalacións non da resposta ás necesidades dos clubes de Lugo”.

Os mozos cuestionaron o funcionamento de diferentes infraestructuras destinadas á xuventude e aseguraron que dotacións como “a casa da xuventude de Sanfiz, a Casa da música ou mesmo o Centro de tecnoloxías están infrautilizados”. Nese senso, Carballo avogou por poñer en marcha un plan de optimización destas instalacións e planificar con criterio as actividades que se programen.

Outra das demandas deste colectivo ten que ver cos horarios de apertura da biblioteca municipal de Frigsa “hai opositores que utilizan estas dependencias pero en fin de semana non poden porque está pechada” puntualizando que “neste momento a biblioteca municipal de Lugo é a única das grandes cidades galegas que non dispón de horario de fin de semana”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com