O BNG pide o arranxo das pistas de Castelo despois do “falso asfaltado”

O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou da presentación dun rogo para que o goberno municipal ordene o arranxo das pistas de Castelo de Abaixo. “Recentemente fíxose unha obra no enlace da pista coa estrada que vai dende Lugo á Fonsagrada, pero o novo pavimento é de apenas 10 metros e o resto do vial, que chega ata o núcleo habitado, está nunhas condicións intransitables” explicou Arroxo.

Rubén Arroxo dixo que se trata de “obras trampa” por que dende a estrada xeral parece que se amañou a pista pero a realidade é que a pista para os veciños está chea de fochancas. Foron veciñas e veciños da zona quen trasladou esta demanda ao BNG para que se dea unha solución ao problema. O BNG levará un rogo á comisión correspondente para que o goberno municipal atenda as demandas veciñais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com