O Club Clavicémbalo acollerá mañá xoves 4 de outubro a partir das 23:00h un concerto solidario en favor da Plataforma Lugo Sen Mordazas e a súa caixa de resistencia fronte a sancións municipais, e que correrá a cargo da banda lucense de rock Conducto Coloquio.
As entradas anticipadas pódense mercar no pub Ho! Gruf de Campo Castelo a un prezo de 4€, subindo a 5€ se se agarda a mercalas en taquilla antes do concerto. Toda a recadación será doada ao completo á Plataforma Lugo Sen Mordazas formada para esixir a retirada da Ordenanza de Seguridade e Civismo anunciada polo goberno do Concello de Lugo e coñecida como Ordenanza Mordaza.