O Goberno de Cervo deixa sen executar 800.000 euros de investimento

O Secretario do PSOE en Cervo, Francisco Mon García, criticou hoxe “a nefasta xestión económica que o equipo de Goberno está a realizar no Concello”. Fixo esta valoración tras aprobarse na última sesión plenaria da corporación a Conta Xeral do 2017, coa abstención do Partido Socialista.

Francisco Mon explicou que “a Conta Xeral permitiunos avaliar, medir e confirmar que o Alcalde do PP non cumpriu cos obxectivos planificados para o ano 2017, deixando sen executar máis de 800.000 euros para diferentes actuacións que estaban recollidas nos orzamentos de 2017. Trátanse de investimentos para novos abastecementos e traídas de auga, xerar novos empregos, renovar instalacións municipais e dinamizar a cultura, o deporte e o turismo do Concello. Ademais, o PSOE denuncia que durante todo o exercicio fixéronse máis de 30 modificacións de crédito “que responden as políticas de improvisacións as que nos ten acostumado o Partido Popular” subliñou Francisco Mon.

“O rexedor non debe ser consciente da realidade e do que está a suceder no seu Concello, se non non se entende como deixa estas actuacións sen realizar cando hai varias parroquias sen saneamento, familias que non poden facer uso das traídas de auga, instalacións municipais deterioradas e nun estado lamentable ou infraestruturas sen mantemento. Este é o balance negativo e continuista que están a sofre os veciños de Cervo por parte do señor Villares”, critica Mon.

O Secretario do PSOE en Cervo destacou que “isto ven provocado por elaborar e aprobar uns orzamentos que non se corresponden con ningún tipo de plan ou proxecto que aposte por atender as necesidades dos veciños de Cervo, e que se crearon froito da improvisación e da incompetencia deste Goberno do PP”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com