Este fin de semana, o Emevé dá o pistoletazo de saída no Pavillón Municipal de Lugo á tempada 2018/19 de Voleibol. Os actuais campións de Copa Príncipe comezan a liga xogando en casa contra o recentemente ascendido equipo galego, o Club Voleibol Calasancias da Coruña ás 17:00 horas. Parten como favoritos neste primeiro duelo galego, pero isto teñen que demostralo na pista.
Diego Taboada, ten un claro obxectivo esta tempada, e é mellorar a anterior, podendo ascender de categoría para a próxima campaña. Para iso, será unha boa forma, comezar gañando na casa este fin de semana para ir abrindo boca co San Froilán.
O posible septeto titular: Pablo Villar, Manuel Branco, Anass Anzaui, Victor Bouza, Chema Giménez, Pedro Sánchez e Mario Dovale ( Líbero). Adrián García, Jordi Ferreiro, Rubén López e Guillermo Avendaño atoparanse no banco. Este fin de semana, tamén dan comezo as ligas Galegas de categorías inferiores.
O sábado, o conxunto Infantil Feminino, viaxa a Monforte de Lemos para medirse ao Korbis ás 11:00 no Pavillón Municipal de Monforte.
O domingo no Pavillón Casa do Deporte de Lugo xogan as diferentes categorías:
10:00 CADETE MAIS _ EMEVE vs VOLEIBOL LUGO
10:00 2ª INFANTIL FEM_ EMEVE vs ZALAETA
12:00 CADETE FEM _ EMEVE vs ZALAETA
12:00 XUVENIL MAIS_ EMEVE vs KINESISS FISIOTERAPIA OLEIROS