Os afectados pola selección de persoal para as residencias da Deputación piden axuda a Pedro Sánchez

A Plataforma de afectados pola selección de persoal para traballar nas Residencias da Terceira Idade que construíu o goberno da Deputación veñen de rexistrar, na Subdelegación de Goberno, un escrito no que solicitan ao presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, que interceda por eles ante o presidente da Deputación, Darío Campos.

Os afectados critican a “actitude escapista” de Darío Campos que non se reúne con eles, pese a solicitarllo en reiteradas ocasións. Lois Neto, representante desta plataforma, aseguraba esta mañá que os afectados son “xente inocente ao respecto do que pasa coas residencias, vítimas das políticas da Deputación e, en concreto do PSOE”.

Os afectados piden a Sánchez que “inste” a Campos Conde a que “teña a ben recibirnos”. “Somos vítimas dunha situación surrealista”, expresaba Neto quen lembrou que a selección se fixo baixo o estipulado pola lei, nun proceso con bases publicadas no BOP, cunhas oposicións “pero hai que lembrar que se fixo en periodo electoral”, remarcou.

“Tras moitos avatares, a día de hoxe, a nosa situación é de absoluta incertidume e indefensión, posto que a Deputación retirou a encomenda de xestión das residencias a Suplusa, e dende a mesma dase a entender que non van contratar ás persoas seleccionadas en maio de 2015”, explica a misiva.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com