Piden a Alcaldesa de Lugo que se involucre na protección aos animais

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber instaron esta mañá á rexedora, Lara Méndez, a iniciar os trámites de elaboración dun novo marco local de protección e benestar dos animais, que asuma os avances autonómicos e aproveite para garantir dereitos que reclama a cidadanía, incluíndo o non apoio a eventos crueis con animais. A “Ordenanza Municipal para a Protección e Tenencia de Animais” do Concello de Lugo vai camiño de cumprir unha década desde a súa aprobación en outubro do ano 2008 e sen sufrir ningunha adaptación de calado, tampouco cando hai xa catro anos se modificou a normativa autonómica para actualizar a contía das sancións.

Os animalistas sinalan que o consistorio non pode permanecer impasible ante os cambios que se deron nos últimos anos na materia e “resulta curioso que o goberno local non reclamase absolutamente nada en materia de competencias municipais e carga económica, xa que a nova Lei apenas dispón de dotación orzamentaria. Mentres a Deputación Provincial de Pontevedra ou a súa homóloga coruñesa convocan axudas para entidades protectoras, contribuíndo a cofinanciar accións educativas e campañas de sensibilización, o consistorio lucense ignora unha problemática que supón centos de abandonos cada ano e non poucos casos de malos tratos no termo municipal”. De forma paralela FFW e LIBERA! propuxeron á cidadanía lucense que “sexan ‘especialmente proactivos’ para reclamar agora a xestión ética das colonias de gatos ferales, con apoio público, así como zonas de esparexemento, como as que se abriron no último ano no Concello da Coruña”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com