A Alcaldesa de Lugo, o Deputado de Relacións Institucionais e o de Medio Rural, Álvaro Santos e Lino Rodríguez, respectivamente; e membros da Corporación Municipal, asistiron esta mañá ao tradicional desfile de Gando do San Froilán, que percorreu as rúas do centro histórico.
O desfile, que reuniu distintos exemplares de razas autóctonas galegas, entre eles vacas e bois, cabras, galiñas ou cans, arrincou no tramo peonil da Ronda da Muralla, continuando pola Praza da Constitución, Campo Castelo, Praza Maior e Bispo Aguirre. Durante a mostra, co que o Concello rucupera un ano máis espírito tradicional das feiras do San Froilán, avogando polo ruralismo, actuou o grupo Raíces do Campo. Na mostra tamén participou un coche de línea antiguo, un tractor e un coche clásico, no que viaxaban Os Pelúdez.
Moitos dos exemplares de raza autóctona que participaron no desfile atópanse en ExpoRural 2018, co que colabora o Concello, e que acolle estes días o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, achegáronse á inauguración desta cita, que reúne a unhos 300 animais. No acto entregáronse os premios aos mellores exemplares.