O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, participaron este sábado na XXVIII Edición da Festa da Faba de Lourenzá, un produto de primeira categoría e que conta con IXP, e coa que colabora o organismo provincial.
Campos Conde avanzou que o Goberno da Deputación contribúe á promoción da faba de Lourenzá no marco do seu Plan Estratéxico de Turismo da provincia, como un factor de singularidade turística, capaz de atraer visitantes e xerar riqueza na provincia. O Presidente remarcou a importancia da celebración deste tipo de eventos na Comarca da Mariña Lucense, xa que contribúen de xeito decidido a incentivar ás Comarcas e as nosas vilas.
Ademais subliñou que a faba de Lourenzá conta co distintivo de IXP (Indicación Xeográfica Protexida), unha indicativo que da conta da súa calidade e do seu prestixio.