Un ano máis Lugonovo recibiu as festas patronais de Lugo coa celebración dunha comida nas casetas do polbo. Á mesma acudiron persoas inscritas e simpatizantes da plataforma cidadá. Unha das casetas do feiral foi o escenario dun encontro onde as/os asistentes degustaron unha boa comida nun ambiente distendido propio destas datas. Ao encontro non faltou o portavoz de En Marea Luís Villares, a voceira municipal Cristina Pérez, así como outros destacados militantes, para gozar das festas da cidade.