O Grupo Municipal de Cidadáns solicitou esta mañá que a alcaldesa cumpra coa moción aprobada por unanimidade presentada por esta agrupación en abril de 2016, onde se solicita a progresiva adaptación dos parques infantís da cidade para ser accesibles para todos os nenos e nenas. “Aproveitando a ampliación dos parques de Campo Castelo e Albeiros, parécenos o mellor momento para incluír columpios accesibles”, afirma a voceira de Ciudadanos, Olga Louzao.
“Nos parece esencial que os parques infantís da cidade estean adaptados para que todos os nenos podan xogar, por iso fai dous anos presentamos unha proposta para que progresivamente todos se foran reformando, pero pasan os anos e pouco se fixo para logralo”, considera Louzao.
Cidadáns solicitou que nos parques infantís se instalasen balancíns con respaldo e columpios adaptados, áreas de xogos interactivos que conten cun sistema braille, a instalación de columpios con ramplas, que o material do chan séa compacto, que haxa ramplas para subir as plataformas de xogo e que todas as instalacións estean ao nivel do solo e os espazos sexan anchos.
“Aínda que a día de hoxe hai algúns columpios adaptados, opinamos que se poden facer máis cousas para que todos os nenos e nenas podan gozar destes lugares, onde ademais de xogar, aprenden a convivir en igualdade”, opina a voceira.