O mercado medieval marca o fin de festa do San Froilán

A 19ª edición do mercado Volta ao Medievo, un evento promovido por antigos alumnos e alumnas da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón, xunto ao concerto de Pussy Riot e Marky Ramone que terá lugar esta tarde, a partir das 20:30h, na praza Horta do Seminario, marcan a xornada de fin de festa do San Froilán. Xunto a estes actos, o programa organizado para as patronais, inclúe hoxe as actuacións dos grupos Devandoira, Parentes, Xílgaros de Lugo, Meigas e Trasgos, Habelas Hainas e a orquestra Pontevedra, ademais do concerto de Myles Sanko, ás 23:00 horas, en Santa María.

A programación de actividades das festas remata hoxe, pero seguirá aberto durante toda a fin de semana o feiral, con descontos nas barracas para os máis pequenos, así como ArteSanfroilán.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com