A Central Eléctrica de Belesar, vai realizar os vindeiros martes e mércores, 16 e 17 de outubro, a proba acústica das sereas instaladas no encoro. As sereas serán audibles, entre as 9:00 e as 18:00 horas, nas proximidades de Belesar ( Concellos de Chantada, O Saviñao e Pantón). Xa que unicamente se tráta dunha proba, a poboación non deberá realizar ningunha acción especial ao escoitala e poderá continuar normalmente coas súas actividades.
O obxectivo do devandito Plan de Emerxencia é o de incrementar as garantías de seguridade que xa de seu ofrece a presa. Dentro das medidas que establece o Plan de Emerxencia inclúese a instalación dunha rede de sereas dentro da zona de influencia da presa. A compañía enerxética xunto coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, a Unidade de Protección Civil da Subdelegación do Goberno en Lugo e a Confederación Hidrográfica do Miño Sil, está a acometer a implantación dos Plans de Emerxencia nas presas que xestiona dentro das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, en cumprimento ao establecido na Planificación de Protección Civil ante o Risco de Inundacións. Afectan a numerosos aspectos e establecen diversos procedementos a levar a cabo no caso de que se produzan incidencias no normal funcionamento das instalacións. Dentro das medidas que establece o Plan de Emerxencia inclúese a instalación dunha rede de sirenas dentro da zona de influencia da presa, cuxo labor será o de alertar á poboación en caso necesario. Están a desenvolverse actuacións semellantes en todo estado.