A Fiscalía pedirá este xoves na Audiencia Provincial 26 anos e 1 mes de prisión para un home acusado de inferir numerosos danos físicos e psicolóxicos á súa muller, co fin de conseguir dela cartos para comprar cocaína. Asemade, en diversas ocasións o acusado intentou abusar sexualmente da muller chegando a lesionar á filla maior da parella para conseguilo.
Asimismo, o acusado tamén responderá ante un delito de coacción e varios de lesións ante as agresións ao pai e o irman da vítima así como á filla maior de ambos. O procedemento, iniciado no Xulgado de Mondoñedo, terá lugar o vindeiro xoves na Audiencia Provincial de Lugo.
Tamén a Audiencia Provincial será o escenario no que se xulgará ao director dunha sucursal do Banco Español de Crédito, S.A. por un delito de apropiación indebida. O director da sucursal enfróntase a unha petición de cinco anos de prisión por presuntamente retirar 455.000 euros das contas de varios clientes sen o seu consentimento. A Fiscalía tamén sostén que a un home que acudiu á oficina para retirar 60.000 euros só lle entregou 2.000 e o resto do diñeiro incorporouno ao seu patrimonio.