‘Meiregos’, nova mostra de artesanía do CENTRAD

Onte tivo lugar a inaguración da nova exposición do Centro de Artesanía e Deseño titulada Meiregos, unha mostra que reúne unha trintena de pezas de Manuel Pardo López e Xesús Villamide Díaz, dous albaneis nados na contorna de Meira, Ribeira de Piquín e Pol, que dedican o seu tempo de lecer á artesanía.

O pavillón 4 do CENTRAD acolle esta mostra de creacións de mans de Villamide, que opta pola elaboración de hórreos e cabozos que simulan aos típicos da zona norte da provincia de Lugo e de Pardo, que realiza esculturas de pedra, madeira e ferro.

Entre as pezas que se poden ver, destaca a Bodega de Forno, unha obra que recrea un cabozo ás portas da bodega onde se atopaba tradicionalmente o forno de cocer o pan e a Man de Irimia, escultura de pedra da Serra de Meira que cada ano Pardo realiza para os actos do 21 de setembro no Pedregal.
Meiregos permanecerá aberta ata o 30 de abril no pavillón 4 do CENTRAD no seu horario habitual.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com