A Deputación favorece o emprego fixo e feminino na contratación de obra pública

O vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, deu conta esta mañá dos asuntos acordados na Xunta de Goberno de hoxe. Fernández Queipo destacou a aprobación de novos pregos para a contratación da conservación da rede viaria provincial, que favorecen o emprego fixo e feminino na obra pública, entre outros aspectos sociais.

“Establecemos pioneiras cláusulas en defensa da igualdade e dos dereitos dos traballadores da obra pública, que é o sector e o convenio laboral no que enmarcan estes traballos”, apuntou o vicepresidente.

Ademáis de ter en conta o número de mulleres que haxa no cadro da empresa que faga a oferta, o executivo tamén primará a aqueles ofertantes que conten cun maior número de contratos fixos e estables e con melloras nas condicións dos traballadores con respecto ao esixido por convenio ou o uso de vehículos eléctricos. Asemade, a Deputación garantirá a obtención do contrato por pequenas empresas desglosando en lotes os traballos a realizar para poder dividilos entre 8 adxudicatarios que darán traballo a un total de 48 empregados.

Ademais de aprobar hoxe o novo prego, o Goberno da Deputación acordou iniciar o proceso de contratación destes traballos aos que achega un total de 6,4 millóns para a conservación das 8 zonas nas que está dividida a rede viaria provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com