Tres membros dunha familia foron evacuados onte polos servizos sanitarios de urxencia con síntomas de intoxicación. O suceso aconteceu no seu domicilio particular, na parroquia de Vilapedre do concello de Vilalba.
As causas están por determinar, aínda que todo parece indicar, que unha plantación de lodos de Biogás nas inmediacións da vivenda, podería ser a causa da intoxicación. Ademais, segundo informou o 112 Galicia, no lugar, tamén permanecían tirados polo chan diversos animais. Finalmente, persoal sanitario comunicou que unicamente unha das persoas tivo que ser trasladada ao Hospital lucense, os outros dous afectados, foron atendidos polos profesionais sanitarios no mesmo lugar dos feitos.
Operación Pandora
Noutro senso, a Policía Nacional, vén de destapar un gran fraude á Seguridade Social que deixa 33 detidos e 40 investigados no marco da Operación Pandora na que se desenvolveron actuacións en 17 provincias do estado español, entre as que se atopa Lugo. Entre os delitos que descubertos hai fraude de cotizacións e prestacións, falsidade documental, estafa, insolvencia punible, branqueo de capitais e grupo organizado. Os responsables, empresarios e testaferros dos mesmos.