A Apehl imparte un curso de pilates para hostaleiros

A sede da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) acolle un curso de pilates, que tivo comezo hoxe e continuará ata o vindeiro 2 novembro.

Este curso de prevención de trastornos músculo-esqueléticos, financiado pola Xunta de Galicia, está sendo impartido tamén en Monforte de Lemos, ata o 31 de outubro, en horario de tarde e os seus principais obxectivos son: coñecer o método pilates como instrumento de educación e reeducación postural, aprender a identificar os  factores de risco relacionados cos  TME na actividade de camareira de pisos, utilizar as técnicas correctas sobre manipulación manual de cargas, adquirir hábitos  posturais correctos durante a realización das diferentes tarefas do posto de traballo e utilizar os equipos e as ferramentas de forma segura e  ergonómica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com