Os maiores de Ribeira de Piquín teñen listo o seu centro de día

Os maiores de Ribeira de Piquín teñen listo o seu centro de día grazas a Deputación e Concello. O Presidente do executivo provincial, Darío Campos Conde, e o alcalde da localidade, Roberto Fernández Rico, comprobaron este mércores o resultado do conxunto de traballos levados a cabo con case 300.000 euros. Son fondos que concedeu o organismo provincial a este municipio en diferentes anualidades e a través de distintas programacións, como o Plan Único, e que o Rexedor decidiu investir nesta “necesaria instalación para os meus veciños, pois o 50% supera os 65 anos e cómpren deste servizo público para o seu benestar e poder vivir onde queren: nas súas casas, no seu Concello”, destacou.

Sitúase na que era a antiga escola do Chao do Pousadoiro, un edificio público municipal, que estaba sen uso e que o Alcalde decidiu recuperalo e transformalo nun centro de día. Renovouse a cuberta, pintáronse as fachadas,  remodelouse toda a planta baixa e adquiriuse equipamento e mobiliario, entre outras actuacións.

Hoxe conta cunha sala polivalente, cunha de rehabilitación, cunha enfermería, cun salón- comedor, con cociña… o conxunto de instalacións necesarias para a prestación deste servizo social totalmente equipadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com