A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber volveron a insistir na necesidade de apostar por medidas non letais e disuasorias para evitar que as “visitas” de xabarís poidan causar danos en parques e xardíns, ou mesmo provocar algún accidente de tráfico no termo municipal de Lugo.
Xa en semanas pasadas os animalistas propoñían testar o programa contraceptivo, a través de vacinas que se disparan aos xabarís e que contribúe a estabilizar a poboación deste mamífero, agora ofrecen máis métodos de disuasión. Os colectivos expuxeron hoxe a instalación de reflectores azuis nas estradas do municipio, tal e como sucede nas autoestradas de Luxemburgo, e cuxos resultados garanten un importante descenso do acceso de jabalíes ás vías de tránsito rodado, contribuíndo a mellorar a seguridade viaria e cun custo moi baixo en comparación coas indemnizacións dun accidente de tráfico.
Como medida adicional, os defensores dos animais poñen sobre a mesa o emprego de pastores eléctricos por horario e con sensores de movemento, co obxectivo de evitar de forma puntual o acceso dos suidos aos parques e zonas verdes da cidade, e que constitúen un modelo eficaz e sen crueldade algunha. Neste sentido FFW e LIBERA! reprocharon a “inacción dun Concello de Lugo que nin tan sequera se preocupou por adaptar a Lei de Benestar Animal ao marco municipal”, debido a que segue coa mesma Ordenanza desde 2008 e que tamén podería contemplar medidas no marco local para evitar danos á fauna silvestre.
Os animalistas tamén advirten que as batidas, sexan con armas ou sen elas, non van solucionar nada debido a que só serven para acosar a calquera animal silvestre presente na zona, que poderá volver ás poucas horas destas actuacións simplistas.