O pago das horas extra dos traballadores municipais se votará no vindeiro Pleno

O goberno local levará a Pleno o pago dos preto de 169.000 euros que o Concello debe a funcionarios municipais en concepto de horas extra. Neste senso, o voceiro do PP, Antonio Ameijide, subliñaba esta mañá que os cartos que a rexedora someterá á aprobación do pleno corresponden ao ano 2017 e a xaneiro de 2018, polo que aínda resta unha cantidade importante por pagar ao persoal municipal que tivo que traballar fóra da súa xornada laboral durante o presente ano.

Antonio Ameijide reiterou a necesidade de reforzar os diferentes departamentos municipais, unha medida que só se pode levar a cabo se se convocan todas as vacantes que hai no Concello de Lugo, despois do “desmantelamento dos servizos realizado polos diferentes gobernos socialistas que tivo a cidade”.

Unha necesidade que reforza o secretario municipal no ser informe con afirmacións como “dada a reiteración de autorización de horas extraordinarias para o devandito Servizo de Extinción de Incendios deberán adoptarse as medidas necesarias para que o caracter extraordinario destas horas non se estea a convertir nunha necesidade permanente deixando de ter o caracter extraordinario”, unha situación moi semellante á que se vive na Policía Local e noutros servizos.

Asemade, Antonio Ameijide explica que a existencia do control horario “é fundamental” para evitar un uso excesivo das horas extraordinarias, unha medida tamén solicitada polo interventor municipal nos seus informes e polos propios representantes dos traballadores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com