Un novo impulso económico mellorará o Conxunto Histórico lucense

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou esta mañá que a Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Lugo recibirá un novo pulo coa achega de máis de 322.000 euros, dos que 140.000 euros son fondos propios do departamento que dirixe.

A conselleira de Medio Ambiente, que visitou esta mañá as actuación de mellora que se están a levar a cabo no barrio da Tinería, recordou que a Xunta reservou esta partida para Lugo, da convocatoria de fondos correspondentes ao actual exercicio para as áreas de rehabilitación integral. Indicou que o seguinte paso será a sinatura do convenio de colaboración, que recolle un investimento global de máis de 322.000 euros, tendo en conta a participación do Estado.

Vázquez Mejuto salientou que as áreas de rehabilitación son unha peza fundamental na política de vivenda deseñada pola Xunta; tal e como demostran as 69 áreas de rehabilitación declaradas en 41 concellos de Galicia a día de hoxe, que se elevan a 107 concellos, si se suman as áreas dos Camiños de Santiago, é dicir, máis do 40% dos concellos galegos contan polo menos cunha área de rehabilitación.

No caso concreto de Lugo, o Goberno galego achegou máis de 2,60 millóns de euros para a ARI do Sagrado Corazón e para a ARI do Conxunto Histórico dende a declaración destas áreas. Unha liña de acción que permite recuperar e mellorar o xa construído, xerar un número de postos de traballo significativamente superior á nova construción de vivendas e reduce a presión urbanizadora sobre a contorna.

Destacou que onte mesmo o Consello da Xunta autorizou a sinatura dos convenios de colaboración que permitirán ao Goberno galego repartir case 18 millóns de euros para actuar en 54 áreas de rehabilitación de 35 concellos galegos e -así- sumar novas iniciativas e incrementar o parques de vivendas nas que se actuou que ascende a máis de 12.000 desde a creación das áreas integrais, co fin de que as galegas e os galegos acaden as mellores condicións de vida nunhas vilas e cidades coidadas e humanizadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com