Lugo tínguese de rosa en apoio á loita contra o cancro de mama

O cancro de mama é unha doenza que pode padecer 1 de cada 8 mulleres. Coas medidas axeitadas, pódense reducir os casos de mortalidade nun 20%. Así o expresou esta mañá o voceiro do goberno provincial, Álvaro Santos Ramos, no día no que se conmemora a loita contra esta doenza.

A Praza Maior acolleu esta mañá un emotivo acto, organizado pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Lugo, un grupo de comunicación e o Concello de Lugo e no que participaron membros de todas as institucións presentes en Lugo así como particulares.

Diversos colectivos sociais, afectadas da doenza e veciños e veciñas puxéronse unhas luvas rosas para apoiar a enfermas deste cancro, do que se detectaron 32.825 novos casos no que vai de ano. O relato dunha emocionada pero positiva Noelia, á que lle detectaron en xaneiro o cancro, acompañada da súa filla pequen de 3 anos e da maior, de 8 anos, quen pediu apoio para todas as enfermas; marcou a xornada, na que tamén se repartiron lazos rosas identificativos da loita contra esta enfermidade, se formou un lazo con testos de flores rosas e se izou no no balcón do consistorio unha lona conmemorativa. Os actos reivindicaron manter unha sanidade pública, gratuíta e de calidade; así como investir en investigación.

O Goberno da Deputación tingue este venres de rosa a fachada do Pazo de San Marcos para promover a loita contra o cancro de mama e darlle visibilidade a esta doenza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com