A Louzaneta xa pode encender o seu alumeado

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o voceiro municipal, Miguel Fernández, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, supervisaron onte a posta en funcionamento do alumeado público do polígono residencial II da Louzaneta, así como a execución do resto de obras de urbanización e dotación de servizos públicos acometido polo Concello de maneira subsidiaria cun proxecto elaborado polo servizo municipal de Enxeñería que contou cun orzamento superior aos 222.000€.

Este importe será asumido agora pola xunta de compensación, conformada polos propietarios das vivendas e terreos, algúns dos cales asistiron esta tarde ao acendido do alumeado.

As obras neste sector da Louzaneta dan resposta a unha forte demanda veciñal, pois mellorará ademais da súa calidade de vida a seguridade na zona. Son froito dun acordo do Goberno cos propietarios para que fose o Concello o encargado de executar de forma subsidiaria o proxecto e a instalación de servizos públicos, unha medida que axilizou a execución das obras.

A activación do alumeado dilatouse porque non existía un proxecto visado pola Consellería de Industria, polo que tivo que ser o Concello o que asumise tamén esta tramitación administrativa. As actuacións consistiron ademais na eliminación de diferenzas de rasantes e anchos das beirarrúas e a conexión á rede de saneamento. Agora o Concello repercutirá o gasto aos propietarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com