O pasado mes de maio aprobábase por unanimidade no Parlamento de Galicia a iniciativa de En Marea na que se instaba á Xunta de Galicia a acometer de inmediato a dragaxe do Porto de Tupide. E agora reitera que se poña data ao comezo das obras.
A realidade do Porto Chico, ou peirao de Tupide, de Foz, que sirve de porto deportivo, orixina múltiples prexuízos, pois as embarcacións instaladas no mesmo, que pagan as correspondentes taxas polo atraque, sofren estragos durante os temporais, optando mesmo por subir a terra as lanchas ou trasladalas ao porto pesqueiro.
Por elo o grupo de En Marea considera necesario que a Consellería do Mar presente un proxecto, acompañado de cronograma e partidas orzamentarias, para acometer melloras integrais de calado e abrigo en dito peirao que, ademais da dragaxe, precisa un cambio na súa configuración, para mellorar as condicións de abrigo e de seguridade.