O BNG esixe ao goberno “valentía política” para garantir a continuidade da Escola de Música

Ediles do BNG manterán esta semana xuntanzas co persoal da Banda de Música e coa Directiva da Asociación de Usuarios da Escola de Música. “Queremos coñecer a opinión e propostas das persoas que son directamente afectadas pola sentencia e que non se están tendo en conta”, dixo Rubén Arroxo. Arroxo lembrou que Escola Municipal de Música foi posta en marcha no ano 2012 “cando o BNG tiña responsabilidades de goberno” e no momento da posta en marcha “houbo un acordo unánime das forzas políticas e sindicais para que a Escola empezase a funcionar”.

Arroxo lembrou que “o BNG sempre apostou por unha modificación parcial da RPT para dar saída á actual situación que pon en perigo a continuidade da Escola Muncipal de Música e dos postos de traballo dos docentes que tamén forman parte da Banda de Música”. Rubén Arroxo sinalou que “está claro que o goberno municipal ten que ter a valentía política suficiente para dar este paso e garantir a continuidade da Escola de Municipal de Música como o servizo público que é neste momento”. 

Dende o BNG xa se avanzou que “non imos permitir unha privatización da Escola de Música”. Arroxo advertiu “estaremos moi atentos a todos os pasos que se dan dende o goberno municipal, e entendemos que non se pode ir cara a privatización da Escola que foi, ata agora, exemplo de funcionamento do que debe ser un servizo público municipal”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com