Carlos Pita, primeiro xogador Estrella Galicia da tempada

Estrella Galicia  e o CD Lugo continúan a camiñar da man e , entre outras iniciativas, o premio ao mellor xogador do mes será, un ano máis , o Xogador Estrella Galicia. Esta mañá entregouse no estadio Anxo Carro o primeiro galardón desta tempada. Carlos Pita foi designado por unanimidade na votación popular como Xogador Estrella Galicia de Setembro.

O capitán, que a tempada pasada xa alzou dúas veces este entorchado, impúxose nesta ocasión a Kravets e a unha das caras novas desta tempada, José Carlos Lazo. O protagonismo de Pita neste inicio de tempada, con goles de espectacular factura como o que logrou dende o centro do campo na Romareda, levárono a ser o máis votado pola afición do CD Lugo.

Carlos Pita amosouse orgulloso por impoñerse na primeira votación da tempada: “Moi contento, moi agradecido polos votos da xente porque ao final é un recoñecemento da nosa afición. Estou moi agradecido e contento por recibilo”. O centrocampista, que o curso pasado obtivo en dúas ocasións este galardón, sinalou os obxectivos colectivos como os máis importantes para esta tempada: “O premio Juan Carlos foi máis que merecido o ano pasado. Este ano que o leve quen o teña que levar, non é un obxectivo que teña de forma individual. O importante é acadar todos os obxectivos e tratar de aportar o máximo ao equipo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com