Tributos ao tráfico

O organismo que se encarga da regulación nacional do Tráfico vive en experimentación continua para conseguir que os conductores deixen de morrer nas estradas, sen conseguir o resultado apetecido.

En anos anteriores,  íase notando a satisfacción oficial cando a cifra de mortos diminuía, pero a realidade tráxica imponse e de novo ese Departamento volve á carga para tentar frear ese esperpento sanguinario, ao que só nós podemos poñerlle freo.

A natureza  humana parece tender a rebasar os límites, e se o limite son cen permitìmonos circular alomenos a cento dez por aquelo de que os medidores da velocidade non son perfectos e hai un límite de tolerancia. E na Ronda da Muralla de Lugo, que a velocidade establecida está en 30 case ninguén a respecta, e nas estradas ou autovías imos sempre rozando ou sobrepasando o límite coidando que o problema non pode estar na minucia de 10 kilómetros/hora.

Pero o problema está nas estradas –hoxe, moi melloradas en relación con outros tempos-, nos vehículos –que a crise non permite cuidalos coma antes-, na velocidade e nas imprudencias, sendo as máis sobranceiras as do uso de dispositivos móbiles mentras se conduce e non poñer o cinturón de seguridade que salva vidas, especialmente nos casos de choques frontais.

En relación coa velocidade, parece un contrasentido que nos avisen do lugar onde hai un control, cando os sinais xa deberan dicirnos abondo, pero aínda asi caemos na trampa, sexa porque imos de “sobrados”, ou porque non prestamos a necesaria atención á conducción, a pesar de que nela vainos a vida.

Hai anos, existía a convicción de que os accidentes  de tráfico desaparecerían se en cada curva, ou alomenos en cada quilómetro houbese un garda civil expectante. Pero nunca se chegou a esa superpoboación de uniformes verdes nas estradas, e quizais tampouco iso fose a solución radical para evitar accidentes nas estradas, dos que recentemente tivemos nas terras de Lugo exemplos gravísimos.

Nin as durísimas campañas a Xefatura de Tráfico, nin as sancións, nin os avisos ou consellos resultan ser abondos para pagar os tributos que a circulación esixe aos seus usuarios. E non falo de multas ou condenas, senón do tributo de vidas que estamos a render diande dun novo Moloch sedento de sangue.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com