Esta fin de semana os dous equipos da Superliga, Iberdrola e Masculina 2 de Voleibol, teñen a condición de visitante. As mozas viaxan á Rioxa, mentres que os mozos viaxan a Bertamiráns.
As pupilas de Jose Valle, despois dun duro partido a fin de semana anterior, no que podían sacar a vitoria diante dos seus seguidores, e non o conseguiron, emprenden unha fin de semana custosa. Viaxan a La Rioja para medirse o sábado ás 18:00 horas da tarde no polideportivo o feiral, contra o Haro Rioja Voley. Este atópase nestes momentos terceiro clasificado da táboa, gañando os seus dous partidos previos. As lucenses, saben que teñen que ir a por todas, e demostrar que o seu papel este ano, é o de loitar cada partido ao máximo para poder conseguir o obxectivo desexado. Ademais diso, demostran cada fin de semana, que o seu nivel aumenta a medida que van pasando os partidos.
O probable septeto inicial para este partido pode ser: María Sanjurjo, Alba Pizarro, Irene Yáñez, Natalia Aispurúa, Tea Andric, Lucía Prol e Eliana González (Líbero). Actuarán como reservas: María Aguiar, Paula Lorenzo, Laura Villasante, Carmen Saá, Julia Paradela, Aitana Fernández e Uxía López.
Os mozos de Diego Taboada, viaxan a Bertamiráns para medirse o sábado ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Bertamiráns, contra o Vitaldent Santiago CV Bruxas. Os lucenses parten como favoritos ante un equipo que acaba de ascender á Superliga 2, e que conta con dúas derrotas na súa marcadora. Aínda así, saben que teñen que seguir demostrando carácter e poderío para seguir estando no máis alto da táboa. O septeto titular será o formado por Pablo Villar, Pedro Sánchez, Victor Bouza, Chema Giménez, Rubén López, Anass Anzaui e Mario Dovale (Líbero). Jordi Herrero, Adrián García, Manuel Blanco, Guillermo Avendaño e Antonio Mondejar partirán desde o banco.