Comeza a X Edición da Tasca Tradicional do Liño da Insua

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou este sábado na X Tasca do Liño da Insua. O Goberno Provincial fixo unha achega de 3.000 euros para a organización deste evento que naceu coa intención de promocionar o traballo do liño no Concello de Vilalba. Nesta  X edición, as mulleres da Asociación de Mulleres Rurais San Bartomeu de Insua volveron realizar unha exhibición de traballo do liño a través da tasca,  co fin de rememorar o traballo tradicional.

Vidal Baamonde destacou a importancia desta cita anual e subliñou que “pon en valor un oficio tradicional e desempeña un labor importante de divulgación dunha tarefa desenvolvida durante anos polos nosos antergos e que está a caer no esquecemento, ademais de supoñer unha promoción desta zona da provincia de Lugo, xa que contribúe a recuperar e dar a coñecer oficios tradicionais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com