Polo menos catro persoas resultaron feridas despois de producirse unha colisión en cadea con outros tantos vehículos implicados.
Pasados uns minutos das 18:15 horas da tarde pasada, unha persoa particular informaba ao 112 dun choque múltiple, no punto quilométrico 550 da A-8, á altura da localidade lucense de Abadín. Tras advertir da posibilidade de persoas feridas, decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, púxose en alerta aos servizos sanitarios de urxencia, que confirmaron, que polo menos catro persoas precisaban asistencia sanitaria. Así mesmo, requiriuse a intervención dos axentes de Tráfico e informouse aos Bombeiros de Vilalba.
Falece un conductor ao bater contra unha árbore o vehiculo que conducía en Portomarín
O condutor dun coche faleceu na tarde de onte despois de saírse da vía e bater contra unha árbore o vehículo que conducía.
Sucedeu as 14 horas de hoxe en Camporredondo, no termo municipal de Portomarín. Alí acudiron os servizos de emerxencias tras recibir o 112 Galicia as chamadas dos veciños que informaban dun coche envorcado fóra da vía.
Como consecuencia do impacto, a vítima quedou atrapada no interior do coche, polo que desde o 112 pediuse a colaboración dos Bombeiros de Chantada e dos efectivos do GES de Monterroso. Con todo, nada puideron facer por salvar a vida do único ocupante do turismo cuxo falecemento foi comunicado aos poucos minutos polo equipo médico desprazado no lugar do accidente.