O alcalde de Navia denuncia que a Xunta leva máis de 20 anos sen arranxar a LU-722

O alcalde de Navia de Suarna, José Fernández, denunciou esta mañá que a Xunta de Galicia leva máis de 20 anos sen arranxar a LU-722 “de Navia de Suarna a Río de Pé”, atopándose na actualidade en moi mal estado. Esta vía de titularidade autonómica é unha estrada fundamental pois vertebra o Concello de Navia de Suarna, comunicándoo con Asturias e León.

José Fernández criticou o deficiente estado deste treito duns 5 quilómetros da LU-722 que transcorre por Navia de Suarna. “O pavimento conta con numerosas fochancas, os muros que bordeaban a estrada están destruídos, as cunetas están sen limpar e non dispoñen de biondas e os árbores crecen o seu antollo, poñendo en perigo a seguridades dos veciños e condutores que empregan esta vía a diario”.

“Esiximos á Xunta de Galicia que acondicione xa esta estrada pois levan máis de 20 anos sen executar ningunha actuación na mesma. É unha vella demanda dos veciños de Navia de Suarna que están fartos de ser discriminados por parte do señor Feijóo. Outro ano máis vemos como nos orzamentos do goberno autonómico non hai ningunha partida para mellorar a LU-722 de Navia de Suarna. A que están agardando? A que suceda unha desgraza?”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com