Lugo viviu esta tarde unha xornada de homenaxe deportiva moi especial, recoñecendo á súa referencia mundial máis nova, Jorge Prado, campión de motocross. Prado chegou acompañado dunha comitiva motorista á Casa Consistorial, onde a Alcaldesa de Lugo presidiu a recepción ao primeiro español campión de motrocross MX.
No encontro, a rexedora quixo trasladarlle todo o recoñecemento e cariño de Lugo ao campión, historia xa no deporte español; ao tempo que anunciou que o Goberno traballa en habilitar unha pista de motocross en Teixeiro, que como non pode ser doutro xeito, será bautizada co nome de Jorge Prado. Esta noticia foi acollida polo el mesmo, e polo pai, quen o acompañou en todo momento, con gran entusiasmo, agradecendo ao Concello o xesto e subliñando a importancia que terá para a promoción desta modalidade deportiva.
Jorge Prado comezou no mundo do motor aos 6 anos e como hobby as fins de semana. Foi o neno máis pequeno en ganar un campionato do mundo, cando en 2011 se fixo coa coroa de 65 c.c. con 10 anos e 8 meses, un récord de precocidade. O seu paso por 85 c.c. estivo plagado de éxitos, e en 125 c.c. Prado marcou outro récord e na súa 1ª tempada fíxose co título de Campión de Europa, sendo de novo o máis mozo que o conquista, con 14 anos.O pasado setembro, con 17 anos, proclámase o primeiro español campión do mundo de motocross MX2, a segunda categoría do Mundial.