O PP pide o reforzo do persoal do cemiterio para abrir o camposanto os domingos á tarde

A concelleira popular Ana López Pombo presentará un rogo para que o goberno municipal reforce a plantilla do cemiterio municipal e que permita, entre outras cousas, mellorar as condicións laborais destes traballadores e ampliar servizos como o da apertura do camposanto os domingos á tarde. Os populares non pasan por alto que “o de Lugo sexa o único das sete grandes cidades galegas que está pechado as tardes das xornadas dominicais” criticando que “no máis básico, que é ofertar un horario completo, os socialistas de Lugo non respondan”. A edil do PP lembrou que a decisión de suprimir o horario dos domingos á tarde foi debida a que “non se celebran ritos relixiosos de acompañamento de funerais, unha circunstancia que se utilizou de disculpa para recurtar, de forma unilateral, esta prestación”.

Os populares tamén consideran unha “incoherencia” que o goberno local presuma de promocionar un espacio como este cando é incapaz de abrir as súas portas os domingos á tarde. Ana López Pombo asegura que hai demanda de veciños que se sorprenden cando comproban que un dos días onde máis familias e particulares acuden a esta instalación a reixa está botada. Outra das consecuencias do peche do cemiterio é que limita as posibilidades do necroturismo do que tando sacan peito os socialistas xa que “se queremos estar nos circuítos e dar visibilidade a arquitectura deste espazo municipal deberíamos, como mínimo, abrilo tamén os domigos á tarde”.

A popular propón que se reforce o persoal que se encarga do mantemento do camposanto municipal indicando que “estamos falando dun servizo esencial”. López Pombo explicou que malia que na actual relación de postos de traballo para o cemiterio figuran 10 operarios “tan só hai 8 persoas traballando no camposanto municipal” e destaca que “dúas delas, se ninguén o remedia, cesarán en xaneiro xa que son postos temporais”.

A concelleira do PP acusa ao PSOE de abanderar en Lugo “a precarización do emprego” xa que “dos dez operarios que hai neste servizo municipal tan só catro teñen praza fixa e, por riba, na oferta de 2015 tan só figura unha praza de promoción interna. Con este panorama os populares temen que o cemiterio “sexa outro servicio que vai encamiñado a o seu desmantelamento”.

Dende o Grupo Popular explican que o caso do cemiterio é outro máis da longa listaxe de departementos con escasos recursos humanos recriminándolle a Lara Méndez a falta de planificación e pedíndolle contas tamén ao Director de Recursos Humanos, un cargo polo que todos os lucneses pagamos ao mes 4.700 euros.

Os populares destacan o esforzo persoal do cemiterio xa que pese a estar ao límite manteñen en boas condicións o camposanto lembraron que “ademáis dos enterros, e de retirar os ósos dos nichos, fanse cargo das zonas axardinadas, tanto do interior como do exterior do recinto, sumando no ano 2006 a superficie que ocupa o campo santo a ampliación coñecida como o xardín das lembranzas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com