A Asociación Lugo Monumental considera que os representantes políticos das administracións públicas están a crear unha confusión interesada entre os lucenses no relativo á relación entre a construción dunha estación Intermodal e o AVE.
A Alta Velocidade non está ligada necesariamente, segundo afirma a asociación, á construción dun novo lugar onde recepcionar aos viaxeiros, senón coas vías polas que discorren os trens e a súa electrificación. Un exemplo craro que pon a asociación é a capital de España, xa que en Madrid non existe estación Intermodal, senón estación de tren e de autobuses conectadas con transporte urbano, que é a proposta que defende Lugo Monumental.
A asociación considera que a unanimidade na mensaxe que dá lugar á confusión débese a que a proximidade de citas electorais, e que “se pretende xogar co concepto de que gastar moitos millóns de euros nunha estación Intermodal é traballar pola chegada do AVE a Lugo, reducindo o debate a quen é o que fai máis por esa estación coma se iso facilitase a chegada dos novos trens”. A realidade, lamenta a asociación, é ben distinta: as obras para a chegada da Alta Velocidade á nosa cidade brillan pola súa ausencia, e débense concretar na electrificación da vía e a variación do trazado en lugares concretos onde o actual non permite alcanzar altas velocidades. Esas obras son as que deben recibir o diñeiro público necesario para lograr a chegada do primeiro convoi de AVE a Lugo.
Lugo Monumental, por supuesto, está totalmente volcada en la llegada del AVE a la capital, ya que sería un gran avance en comunicaciones para Lugo, pero considera que es un error modificar la ubicación de la Estación de Autobuses.