Medio Ambiente subliña o traballo dos concellos na posta en valor da paisaxe nos espazos urbanos

A directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, participou esta tarde en Chantada na entrega dos premios Vilas en Flor, unha iniciativa coa que se recoñece e distingue a aqueles municipios que destacan pola súa aposta a favor da integración e o coidado da paisaxe na xestión dos seus respectivos espazos urbanos.

Na edición deste ano do certame, que por primeira vez recala en Galicia, os concellos galegos galardoados foron Chantada, Allariz, Caldas de Reis, Betanzos e Ortigueira, aos que Inés Santé felicitou expresamente por asumir o reto de traballar pola mellora e a xestión sustentable dos espazos comúns nas súas respectivas vilas, e fomentar á vez a conciencia ambiental da veciñanza.

Concretamente, a directora do IET eloxiou o bo facer de Chantada no mantemento das súas zonas verdes, a aposta do Concello de Allariz pola mellora e o coidado da paisaxe ata convertelos nun reclamo turístico para atraer visitantes á vila e a tradición botánica de Caldas de Reis, un concello cun patrimonio neste eido de incalculable valor. Así mesmo, tamén se referiu ao impulso que lle deu Betanzos ás zonas axardinadas e á súa integración cromática no conxunto da vila e subliñou o esforzo de Ortigueira na busca de propostas novidosas para facer unha mellora integral do seu territorio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com