A agrupación municipal de Cidadáns en Sarria vén de presentar un escrito no Concello a modo de queixa para que se mellore a atención ao turista na localidade.
Con esta queixa presentada, dende Cs, o coordinador da agrupación local, Luis Álvarez Rey, explicou que “pretendemos denunciar e elevar a queixa pola falta de atención ao turista que dende o Concello se presta a maior parte do ano na oficina destinada a tal fin”.
A agrupación considera “fundamental” que se creen máis puntos de atención ao turista en zonas chave da localidade “para que se poda facilitar así que a estancia do visitante e o seu coñecemento da zona así como a súa posta en valor sexa o máis efectiva posible”. O coordinador de Cs insiste ademáis na idea de que ao “turista haino que coidar e darlle atención se queremos que a nosa poboación sexa lugar de visita de referencia.
Rey insiste en que dar boa calidade de información turística “esixe abrir e dar información para todos en varios idiomas e con facilidades”.