Vidal Baamonde destaca nas XVI Xornadas Técnicas de Vacún e leite a capacidade emprendedora dos profesionais do sector

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou hoxe na inauguración das XVI Xornadas Técnicas de Vacún e Leite, que tiveron lugar na Facultade de Veterinaria de Lugo. Alí, puxo en valor a capacidade emprendedora dos profesionais do sector, “que fai grandes esforzos inversores co fin de mellorar as súas explotacións e aumentar así as producións”.

Vidal Baamonde, ao fío do enfoque desta nova edición, Unha gandería de precisión para as novas demandas, subliñou que “estamos ante unha xeración de profesionais que non dubida en poñer en práctica os últimos avances tecnolóxicos, polo que estou convencido de que ante calquera desafío, se as administracións se comprometen en traballar man a man con vós e non ás vosas costas, vós marcaredes a diferenza entre un campo condenado a morrer e un campo cunha vida por diante”.

As xornadas continúan mañá, cun relatorio sobre o impacto económico das coxeiras, a cargo do veterinario Francisco Javier Blanco Murcia á que seguirá a intervención de Iván Ansia Vázquez, veterinario asistente de investigación na Universidade de Illinois, sobre nutrición e socialización da recría para lograr unha lactación máis produtiva.

A xornada continuará coa intervención de Carlos Hernández Mariscal, xerente de Control de Produción da Asociación Holstein de Mexico, sobre eficiencia os retos económicos nos cortellos leiteiros; e o veterinario e perito en sinistros pecuarios Javier Jesús Camba Méndez, que afondará no valor da vaca morta.

Haberá tamén un espazo dedicado ás experiencias dos gandeiros. Este ano desenvolveranse tres faladoiros sobre tres estratexias distintas para a produción de leite, nas que intervirán Ricardo Gómez, de Outeiro SC, que exporá a súa experiencia coa raza Jersey; Santiago García souto, da finca La Asunción, falará sobre a súa vida dedicada á frisona; e Jesús Perfecto Fernández Pérez, da gandería de Pazos SCG, que explicará as características do sistema ProCROSS. A clausura correrá a cargo da química e divulgadora científica Déborah García.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com