O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, anunciou hoxe que se é elixido alcalde implantará unha liña de axudas por importe anual de dous millóns de euros, para o fomento da contratación de traballadores censados no Concello de Lugo. Cada novo contrato de traballo recibirá unha subvención 3.000 euros e terá unha duración mínima dun ano.
Esta liña de axudas forma parte do proxecto “Emprego para todos” que ten outras dúas liñas de axuda, unha para a creación de novas empresas e outra para a rehabilitación de edificacións, cun investimento de dous millóns de euros cada una.
Durante unha xuntanza co Consello de Administración da Confederación de Empresarios de Lugo, o popular trasladoulles o seu compromiso para impulsar esta medida, enmarcada dentro do seu proxecto Emprego para todos.
Jaime Castiñeira: