283 clubs deportivos da provincia recibirán, en total, 1 millón de euros da Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou hoxe sobre a aprobación na Xunta de Goberno dun novo investimento de 1 millón de euros en impulso do deporte na provincia. Estes fondos distribúense nun total de 283 axudas económicas, que reciben uns 230 clubes de 43 Concellos e de 38 distintas modalidades deportivas. 

Campos Conde destacou que “seguimos sendo a administración galega que máis inviste en deporte na nosa provincia, así como a 1ª Deputación en Galicia e a 3ª de España co maior investimento por habitante. Un dato público, oficial e moi revelador disto é que este Goberno da Deputación investimos en deporte 12,92 euros por habitante”.

O titular provincial explicou que o millón de euros que aprobou hoxe o Goberno da Deputación distribúese en 283 axudas económicas. Destas, 278, que representan o 98% das totais, foron de concorrencia competitiva, o que significa que todos os pequenos clubes da provincia puideron optar e solicitar as mesmas. Os obxectivos destas axudas, duns 500.000 euros, son contribuír á actividade dos deportivas e colaborar na organización de eventos, competicións ou campionatos.

Os restantes preto de 500.000 euros correspóndense coas axudas a clubes da provincia de 1ª e 2ª División Nacional, excluíndo ao Breogán e ao CD Lugo ao contar con outras colaboracións. Os clubes e as axuda son: Burela FS Pescados Rubén, 137.000 euros; Prone Lugo FS, 114.000 euros; CB Durán Maquinaria Ensino, 89.000 euros; CV Emevé, 91.500 euros e Perruquería Mixta Friol, 37.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com