A Audiencia de Lugo condena a un acusado de agredir a un home nun bar

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou ao pago dunha multa de 1.620 euros a un acusado de agredir a un home nun bar da capital o o 31 de decembro de 2015. O tribunal considera acreditado que o sospeitoso  dirixiu insultos racistas contra a vítima antes de empuxala e propinarlle golpes na cara. Como consecuencia da agresión, o afectado sofre como secuelas alteracións no iris, fotofobia e un prexuízo estético por ter pupilas lixeiramente asimétricas. A Audiencia tamén lle impuxo ao sospeitoso o abono dunha indemnización á vítima de 6.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com